Datos dun xornalismo atrapado no debate da súa reinvención

  • Xosé López Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela

Resumo

Os periodistas do século XXI na Galiza entran na profesión baixo a alongada sombra de Internet 1. O xornalismo entrou nunha fase de transición na que a rede de redes converteuse non só nunha ferramenta básica para o traballo dos profesionais, senón tamén nun escenario para novas formas de comunicación. Mentres o xornalismo nos medios tradicionais ten pouca profundidade –contrasta pouco as fontes, aínda que aumenta a interpretación dos feitos e os artigos de opinión, o xornalismo en liña superou a idade da adolescencia para entrar nunha fase na que se impón a experimentación con novas linguaxes e novos productos para intervir na sociedade actual. Nestes últimos dez anos, os responsables dos diarios centraron a súa estratexia informativa en mellorar o atractivo visual do xornal e buscaron contar o que pasa na sociedade con interese para os cidadáns con máis profundidade da que ofrece a televisión. Estas son algunhas das conclusións dunha investigación realizada polo grupo Novos Medios na que se analizaron os contidos textuais e os aspectos formais dos diarios galegos e que se recollerán nesta comunicación.

Publicado
2005-01-01